Saltar ao contido

Free e Pro

A protección é gratis: ofuscar, mosaico de seguridade, branco e negro, sinatura invisible e verificación de copias. Pro quita os límites por un pagamento único de 4,99 €. Sen subscricións.

Nin Free nin Pro levan anuncios. Ofuska non ten analítica, nin contas, nin recolle dato ningún: en Google Play loce a etiqueta «Non se recollen datos». Pro non che compra a privacidade — a privacidade xa vén de serie.

A diferenza, nunha imaxe

As dúas copias están igual de protexidas: mesmas zonas tapadas, mesmo mosaico e a mesma sinatura invisible. A única diferenza é a banda de Ofuska ao pé.

Copia protexida xerada coa versión gratuíta, coa banda «Protexido con Ofuska · ofuska.app» ao pé
Gratis: coa banda de Ofuska
A mesma protección na versión Pro, sen a banda da app ao pé
Pro: sen a banda

A banda non tapa o documento: engádese debaixo da imaxe.

Comparativa de funcións entre Ofuska Free e Ofuska Pro
Función Free Pro
Ofuscar, mosaico, B/N, sinatura invisible e verificar copia Si Si
Documentos gardados 3 Ilimitados
Fotos por documento 2 (cara e reverso) Ilimitadas
Patróns automáticos (zonas que se recargan soas) Si
Máscaras reutilizables gardadas 1 Ilimitadas + exportar/importar
Fotos enviadas conservadas no historial (e reenvío ao mesmo destinatario) Últimos 3 envíos Todos
Banda «Protexido con Ofuska · ofuska.app» nas copias Sempre Sen banda

Pro: pagamento único de 4,99 € vía Google Play. Sen subscricións, para sempre.

Empeza gratis. Se gardas máis de tres documentos ou envías copias a miúdo, Pro págase só en tempo aforrado cos patróns automáticos.

Avísame cando estea dispoñible

Ofuska chega pronto a Google Play. Déixanos o teu email e avisámoste o día do lanzamento. Nada máis.

Só para avisarte do lanzamento. Sen spam, baixa cun clic.